A Coordinadora

Castellano | English | Català | Galego | Euskera

Fundada en 1986, a Coordinadora ONGD-España (Coordinadora) é a principal rede estatal de organizacións e plataformas sociais que traballan no ámbito do desenvolvemento, a solidariedade internacional, a acción humanitaria e a defensa dos dereitos humanos.

SOMOS

76

Desenvolvemento

ONG

17

Coordinadoras
Autonómicas

400

Organizacións
en total

Código de Conduta

Desde 1998, contamos cun Código de Conduta de obrigado cumprimento para todas as organizacións socias.

Transparencia

A Ferramenta de Transparencia e Bo Goberno é un mecanismo de mellora e autorregulación pioneiro no sector, e de aplicación obrigatoria para todas as entidades e plataformas socias desde 2012.

QUERES PARTICIPAR?

Contribuímos a mellorar a vida de máis de 35 millóns de persoas en 110 países de todo o mundo. Somos a principal plataforma a nivel estatal de organizacións sociais para o Desenvolvemento. Traballamos en rede con organizacións afíns doutros sectores.

Visión

A Coordinadora confía en que algún día poidamos vivir nun mundo libre de pobreza e desigualdades; un mundo baseado na xustiza social, cunha distribución equitativa dos recursos existentes e no que se preveñan e xestionen eficazmente os desastres humanitarios. Un mundo no que se respecten os bens comúns e o planeta que habitamos.

Confiamos en que todas as persoas poidan desfrutar dun desenvolvemento social, económico, cultural e político no que exerzan -sen discriminación por motivos de xénero, idade, etnia ou procedencia-, o seu dereito a participar activamente na mellora das súas vidas.

Misión

A Coordinadora de ONGD-España ten como obxectivo fomentar o traballo en rede das organizacións membro. Fortalecemos as iniciativas conxuntas a través do apoio mutuo e a xeración de espazos de traballo colectivo.

Facilitamos o traballo conxunto das nosas organizacións a favor dunha cooperación internacional para o desenvolvemento transformadora, que defenda os dereitos humanos e a xustiza social e promova unha cidadanía global responsable e participativa.

Representamos os valores e demandas do sector ante a sociedade, as administracións públicas e outras institucións externas.